jueves, 7 de noviembre de 2019

A chegada a Sentana

A compañía chegou á cima do outeiro e albiscou Sentana, brillante e maxestosa, rodeada polo río. Fronte á porta do mercado, a imaxe menos maxestosa pero bastante brillante dun exército coas armas desenfundadas, que relucían ao sol. Cando falamos dun exército non nos referimos a esas hostes de centos de miles dos poemas, senón a un centenar de miserables con brigantinas de segunda man e armas baratas que esperaba a unha morte case segura detrás dun home delgado e baixo vestido con roupas vermellas e brancas (que probablemente fosen máis caras que o equipo de medio exército) que discutía a berros con outro cabaleiro, este en as murallas e burlándose do primeiro.
  • Déixame entrar na miña cidade maldito! Verás as consecuencias senón!.- Gritaba o bispo de Sentana, que claramente perdera a paciencia facía xa intre.
  • Ven aquí e obrigame.- Dixo, entre gargalladas, quen resultaba ser un cabaleiro asentado na cidade coñecido como Ares, segundo Eriza.
Segundo o comisario maior da raíña o concello da cidade expulsara ao bispo alegando que a cidade pertencía á raíña e polo tanto eles, e non o bispo, tiñan a autoridade no seu nome. Evidentemente, a raíña non coñecía a situación nin a apoiaba, eles sabíano e dáballes igual e o bispo, que era de feito amigo da raíña, retirouse á próxima Padda. Diso xa facía un mes, o que propiciara o envío do Comisario. 
Eriza consideraba isto un erro, o comisario estaba moi tranquilo comendo e saqueando en nome da raíña. En cambio o seu primo faría un traballo moito máis rápido e eficaz, pero a raíña non deixaba que se apartase máis de dez metros da súa cama e algo lle dicía que Freila tampouco tiña moito interese en afastarse da susodita. 
Achegarse máis da conta, decidiron, era mala idea. Ningún deles tiña o máis mínimo agarimo polo bispo e non era prudente que a guarnición da cidade víseos xunto a el. Pero para cando decidiron isto o bispo xa empezara outro dos seus tristes espectáculos. Arrebatáralle unha besta a un dos seus gardas profesionais e disparouna contra Ares, que nun movemento non moi gracil nin elegante e case tropezando escondeuse tras a almea. 
  • Cabróns! Abride as portas ou as vosas almas acabarán no máis ardente averno! Matareivos a todos e cada un de vós rebeldes de hambr…
  • Excelencia.- Interrompeu un dos poucos gardas profesionais do bispo.- Non temos homes para cubrir máis de catro portas. Non podemos cercalos. Tampouco asaltar a cidade.
  • Nos subestimas. Desprega…
  • Tampouco temos comida. Non duraríamos máis de dous días.
  • Suxires a rendición? Eu?!.- Contestou enfadado o bispo.
  • Non excelencia, só que volvamos a Padda. Mandémoslle unha carta ao inútil do Comisario. Que traia eses mercenarios seus e a cohorte.
  • Merda. Tes razón. E vós, sabede que se non vos rebelades contra estes traidores acabaredes no lume infernal...!
O garda, máis que contento de retirarse aguantou a chapa do bispo con parsimonia. Os soldados, se é que podémolos chamar así, fóronse retirando. Por unha banda contentos por non ter que tirar as súas vidas asaltando a cidade ou cercándoa pero dáballes bastante pena abandonar os seus soños de saqueo e pillaxe. A compañía achegouse entón e Eriza deu unha voz para que lles abrisen a porta. 

Desconfiados de que puidesen ser espías ou axentes do bispo e máis desconfiados aínda de que fosen mercenarios e ladróns (e con razón) os vixías preferiron molestar de novo a Ares, que debía ser a autoridade pertinente.
  • Foder quen lles manda molestarme… En fin, quenes sodes e que queredes?.- Gritou dende a muralla Ares.
  • Así saúdas a unha vella amiga?.- Increpou Eriza.- Antes eras un cabaleiro. Bo non, pero tiñas modais.
  • … Eriza? Dixéranme que Freila encerrárache nun mosteiro.- Comentou, claramente confuso.
  • Fíxoo. Agora veño a casa de papá.
  • Eriza… agora é a casa de Paios. E se non vés visitalo ou se non tes negocios en Sentana deberías marchar. De feito, probablemente o teu primo degolaríame se non che devolvo ao mosteiro. Así que é mellor que marches por onde viñeches.
  • Esa casa é miña. Sábelo. E sabes que se non entro agora entrarei cando o bispo volva con reforzos do Comisario. E entón acordareime de tí, Ares. Lembras o que pasou cando tiñamos sete anos?
Ares puxo unha cara desagradable e pensou durante un par de minutos sobre as súas posibilidades. Finalmente dixo:
  • Creo que me gustan máis as miñas posibilidades contra Paios. Abride as portas, deixádelles entrar. Coa condición, por suposto, de que non sexas unha espía do bispo.
  • Non lembras cando fomos de visita a Cantaltares, Certo? O bispo non quere nada comigo. Salvo claro, manterme lonxe.
Samén e Berón miraron a Eriza, desconcertados. O novo Lugra contoulles que, segundo os rumores, Eriza queimara o hábito do bispo cando aínda era sacerdote en Cantaltares. Os mercenarios evitaron partirse de risa mentres abrian as portas, imaxinando a aquel imbécil bailando co lume. Alén da porta recibiulles Ares. Era alto e ancho de ombreiros, vestía unha cota con placas sobre un xubón. A sua outrora longa melena castaña fora sustituída por un rapado, evidencia da forte alopecia que padecía o cabaleiro. Ares e Eriza apertáronse, momento que aproveitou o home de armas para rumorear ao oído da Faia
  • Que saibas que só fago isto porque Freila está moi lonxe e non parece que vaia a volver cedo.
Ao que ela respondeu:
  • Así que Freila é o único que temes máis que a min? É un erro, o meu querido Ares.
E aínda que o cabaleiro tomouse isto como unha bravuconada da súa amiga da infancia pareceu tomarselo máis en serio cando vió a Paios de Faia saír correndo da súa casa con dous dentes saltados e perseguido por unha Eriza que blandía a espada familiar. Os mercenarios derrotaran con facilidade á débil seguridade do pazo e dedicábanse a saquealo baixo os termos pactados con Eriza mentres que ela ocupábase persoalmente do seu primo e usurpador. Ares saía da súa quenda cando isto pasaba. Eriza fora xa de nena obstinada, bravucona, arrogante e bruta, produto dun pai tamén obstinado, bravucón, arrogante e bruto. Mesmo cando eran nenos e Paios era máis alto e forte Eriza podíalle. Pero aquela nena converteuse en algo distinto e Ares tiña claro que non quería ver nin de lonxe a súa autentica persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario